Wednesday 15 de May de 2024

O Ecomuseo Forno do Forte abrirá as súas portas a partir de mañá


As medidas de aforo estarán limitadas polo momento a 25 persoas

O Concello de Malpica comunica a apertura do Ecomuseo Forno do Forte a partir de mañá, sábado 30 de maio. As medidas de aforo estarán limitadas polo momento a 25 persoas debido á crise sanitaria da covid-19.
Porase a disposición das persoas usuarias xel hidroalcólico nos accesos do mesmo, e recoméndase acudir ás instalacións con máscara sanitaria.
Desde o goberno local apuntan a esta acción como ‘un dos puntos dentro deste desescalamento. Temos que comezar gradualmente a reintegrarnos na vida que tiñamos con anterioridade, pero sempre con prudencia”, aseguran desde o Consistorio malpicán.